Vitoria para Hugo Carvalho na primeira proba grande de Equiocio Ferrol 2025

O portugués Hugo Carvalho, dúas veces gañador en Equiocio Ferrol, vencía, a lombos de “Nau N”, na primeira das probas grandes do Concurso Nacional de Salto*** Cidade de Ferrol. Disputábase ao mediodía a un baremo de dúas fases especiais e a unha altura de 1,35 metros. O xinete luso, un dos grandes favoritos da edición, …

Equiocio Ferrol promove bautismos de surf de balde para nenos e maiores da man da escola de Luis Rodríguez

Equiocio Ferrol convida a nenos e maiores a iniciarse na práctica do surf da man de Luis Rodríguez, un dos grandes referentes deste deporte en Galicia. LR Surf School, a escola do subcampión do mundo (ISA World Cup), campión de Europa (EUROSURF) e varias veces campión de España, será a encargada este ano de guiar …

O Concurso Nacional de Ponis completa a oferta hípica de Equiocio Ferrol 2025

A canteira da hípica española volverá ter espazo en Equiocio Ferrol 2025, que alcanza a súa 34 edición do 31 de xullo ao 3 de agosto.  A organización vén de activar as inscricións para a terceira e última competición ecuestre que se disputará no Campo das Cabazas: o Nacional de Ponis. Ata o 22 de …

Aberto o prazo para apuntarse nas probas territoriais de salto de Equiocio Ferrol 2025

Equiocio Ferrol activa as inscricións no Concurso de Salto Territorial (CST), que se disputará en Covas, complementando ao Nacional de Salto tres estrelas Cidade de Ferrol. Como novidade, as probas territoriais adiantan un día o seu arranque, e desenvolveranse entre o xoves 31 de xullo e o domingo 3 de agosto. O Campo das Cabazas …

Equiocio Ferrol abre a inscrición para o Concurso Nacional de Salto tres estrelas Cidade de Ferrol

Equiocio Ferrol abre o prazo de inscrición para o Concurso Nacional de Salto tres estrelas Cidade de Ferrol. A competición principal do veterano certame ecuestre disputarase entre o 1 e o 3 de agosto en As Cabazas e aspira a reunir, coma sempre, aos mellores xinetes e amazonas de dentro e de fóra do país. …

Equiocio Ferrol regresa do 31 de xullo ao 3 de agosto cun calendario de competición ampliado

Ferrol volverá converterse en epicentro da hípica nacional coa celebración dunha nova edición de Equiocio, a XXXIV xa. E esta mañá, a directora do certame, Ana Pérez Lago, adiantaba as datas para este 2025. Equiocio Ferrol regresará ao Campo das Cabazas, en Covas, do xoves 31 de xullo ao domingo 3 de agosto. E farao, …

Javier González Fraga coróase como triunfador do Gran Premio Cidade de Ferrol

Javier González Fraga leva o Gran Premio Cidade de Ferrol 2024. O xinete galego, que onte gañaba o Pequeno Gran Premio de Equiocio, anotábase hoxe o triunfo a lombos de “Sonic JGF” na proba reina máis emocionante dos últimos anos. O alcalde accidental da cidade naval, Javier Díaz, facía entrega do premio. O gran triunfador …