O “Festival de mascotas” volverá reforzado a Equiocio Ferrol 2025

Equiocio Ferrol acollerá na súa xornada inaugural, prevista para o 31 de xullo, o seu tradicional “Festival de mascotas”. A iniciativa, que volve con máis premios, busca poñer en valor a aportación dos animais de compañía, que teñen a consideración de membros da familia, á convivencia nos fogares. atrocinado por Hill´s, o festival arrincará ás …

Entidades sociosanitarias colaboran na limpeza do río Xunto impulsada por Equiocio Ferrol

O calendario de Equiocio Ferrol previo ao certame continuaba esta mañá cunha acción medioambiental na desembocadura do río Xunto na praia de Esmelle. Na súa aposta pola sostibilidade, entidades do ámbito sociosanitario de Ferrolterra participaban nunha recollida de refugallos nesta zona natural de especial relevancia, moi próxima ao Campo das Cabazas que, cada ano, acolle …

Aberto o prazo para apuntarse nas probas territoriais de salto de Equiocio Ferrol 2025

Equiocio Ferrol activa as inscricións no Concurso de Salto Territorial (CST), que se disputará en Covas, complementando ao Nacional de Salto tres estrelas Cidade de Ferrol. Como novidade, as probas territoriais adiantan un día o seu arranque, e desenvolveranse entre o xoves 31 de xullo e o domingo 3 de agosto. O Campo das Cabazas …

Galicia Textil afianza o seu apoio ás entidades sociosanitarias que participan en Equiocio Ferrol

Usuarios e usuarias, así como persoal técnico e directivo dunha decena de entidades sociosanitarias de Ferrolterra, vencelladas a Equiocio Ferrol, veñen de visitar Galicia Textil. Unha visita que pretende poñer en valor o permanente apoio da factoría nedense ao certame hípico e de lecer, que se celebrará do 31 de xullo ao 3 de agosto …

Equiocio Ferrol abre a inscrición para o Concurso Nacional de Salto tres estrelas Cidade de Ferrol

Equiocio Ferrol abre o prazo de inscrición para o Concurso Nacional de Salto tres estrelas Cidade de Ferrol. A competición principal do veterano certame ecuestre disputarase entre o 1 e o 3 de agosto en As Cabazas e aspira a reunir, coma sempre, aos mellores xinetes e amazonas de dentro e de fóra do país. …

Equiocio Ferrol abre inscricións na ruta guiada á mina de ouro de Covas

Equiocio Ferrol abre inscricións no segundo percorrido do calendario de rutas guiadas pola contorna natural de Covas, escenario que acollerá o certame do 31 de xullo ao 3 de agosto. O programa “En ruta con Equiocio Ferrol” convida á cidadanía a participar nun percorrido á mina de ouro de Covarradeiras, todo un clásico na súa …

Entidades sociosanitarias de Ferrolterra protagonizan unha nova plantación no Campo das Cabazas

Equiocio Ferrol continúa co seu calendario de actividades previo ao certame, e este venres pola mañá levaba a cabo unha acción medioambiental na contorna do Campo das Cabazas, en Covas. Seguindo a estela dos anos anteriores, entidades do ámbito sociosanitario das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal protagonizaron unha plantación de lonicera ligustrina e allysum …

Equiocio Ferrol volverá contar cos servizos de intérprete de lingua de signos grazas ao convenio con AXF

Equiocio Ferrol e a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra-AXF renovan o seu convenio de colaboración, e un ano máis, o certame contará con intérpretes de lingua de signos nas diferentes actividades. A presidenta da entidade, Teresa Gallo, e a directora do certame, Ana Pérez Lago, avanzaban hoxe o acordo, coincidindo co Día Nacional das …

Volve “En ruta con Equiocio Ferrol” con tres itinerarios de sendeirismo por Covas

Equiocio Ferrol, que volverá ao Campo das Cabazas do 31 de xullo ao 3 de agosto, recupera nas vindeiras semanas unha das propostas con máis éxito da súa programación previa. O programa de sendeirismo “En ruta con Equiocio Ferrol” incluirá este ano tres itinerarios guiados gratuítos, destinados a poñer en valor o patrimonio natural e …

Javier González Fraga coróase como triunfador do Gran Premio Cidade de Ferrol

Javier González Fraga leva o Gran Premio Cidade de Ferrol 2024. O xinete galego, que onte gañaba o Pequeno Gran Premio de Equiocio, anotábase hoxe o triunfo a lombos de “Sonic JGF” na proba reina máis emocionante dos últimos anos. O alcalde accidental da cidade naval, Javier Díaz, facía entrega do premio. O gran triunfador …