Galicia Textil afianza o seu apoio ás entidades sociosanitarias que participan en Equiocio Ferrol

Usuarios e usuarias, así como persoal técnico e directivo dunha decena de entidades sociosanitarias de Ferrolterra, vencelladas a Equiocio Ferrol, veñen de visitar Galicia Textil. Unha visita que pretende poñer en valor o permanente apoio da factoría nedense ao certame hípico e de lecer, que se celebrará do 31 de xullo ao 3 de agosto …

Equiocio Ferrol abre a inscrición para o Concurso Nacional de Salto tres estrelas Cidade de Ferrol

Equiocio Ferrol abre o prazo de inscrición para o Concurso Nacional de Salto tres estrelas Cidade de Ferrol. A competición principal do veterano certame ecuestre disputarase entre o 1 e o 3 de agosto en As Cabazas e aspira a reunir, coma sempre, aos mellores xinetes e amazonas de dentro e de fóra do país. …

Equiocio Ferrol abre inscricións na ruta guiada á mina de ouro de Covas

Equiocio Ferrol abre inscricións no segundo percorrido do calendario de rutas guiadas pola contorna natural de Covas, escenario que acollerá o certame do 31 de xullo ao 3 de agosto. O programa “En ruta con Equiocio Ferrol” convida á cidadanía a participar nun percorrido á mina de ouro de Covarradeiras, todo un clásico na súa …

Javier González Fraga coróase como triunfador do Gran Premio Cidade de Ferrol

Javier González Fraga leva o Gran Premio Cidade de Ferrol 2024. O xinete galego, que onte gañaba o Pequeno Gran Premio de Equiocio, anotábase hoxe o triunfo a lombos de “Sonic JGF” na proba reina máis emocionante dos últimos anos. O alcalde accidental da cidade naval, Javier Díaz, facía entrega do premio. O gran triunfador …

Javier González Fraga anótase a vitoria no Pequeno Gran Premio de Gadis

 Segunda xornada de competición hípica en Equiocio Ferrol 2024, na que, como cada ano, todas as miradas estaban centradas no Pequeno Gran Premio de Gadis, proba pertencente ao Concurso Nacional de Salto ***. A vitoria na proba, sobre unha altura de 1,30 metros, foi para o galego Javier González Fraga. O conselleiro e delegado de …

Vitoria para o luso Ivo Carvalho na primeira proba grande de Equiocio Ferrol 2024

Primeira xornada de competición hípica en Equiocio Ferrol 2024. O portugués Ivo Carvalho impúxose na proba grande, sobre unha altura de 1,35 m. Fíxoo a lombos de “Gaiato C”, cabalo co que se proclamou vencedor do Gran Premio Cidade de Ferrol o pasado ano. O xinete luso anotouse ademais a vitoria en 1,30 metros, esta …

Equiocio Ferrol 2024 reivindícase como gran escaparate para a promoción do mellor de Galicia

“Un evento deportivo único, que ensalza o mellor que temos en Galicia”. Así presentaba o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, “Equiocio Ferrol”. O responsable autonómico presidía este mediodía a inauguración oficial dun certame de referencia no plano deportivo que, ao longo das súas 33 edicións, se ten convertido nun escaparate único para o destino Ferrolterra-Rías …

Equiocio Ferrol 2024 colle impulso este venres co inicio das competicións hípicas

Equiocio Ferrol prepárase para vivir os seus días grandes co arranque das competicións hípicas. Dende este venres, xornada da inauguración oficial, e ata o domingo, a pista central do certame será un auténtico non parar. En total, preto de 300 xinetes e amazonas confirmaron participación nos diferentes concursos de salto que se disputan en Covas. …