Equiocio Ferrol volve poñerse ao servizo das entidades sociosanitarias de Ferrolterra

As entidades sociosanitarias de Ferrolterra volverán ser claves na programación de Equiocio Ferrol, que terá lugar en Covas, do 3 ao 6 de agosto. O certame hípico e de lecer familiar reforza os seus contidos sociais, poñéndose un ano máis ao servizo das entidades para mostrar e impulsar o traballo que estas desenvolven na comarca. …

Equiocio Social converte o Camiño Inglés en espazo de convivencia entre as entidades sociais

Tras un aprazamento forzado pola climatoloxía, finalmente este sábado 9 de xullo levouse a cabo “Equiocio Social no Camiño”. Preto de medio centenar de persoas pertencentes a algunhas das entidades do ámbito sociosanitario que integran Equiocio Social iniciaban a ruta xacobea. Trala foto de familia, partían ás 11 h do quilómetro 0, o peirao de …