Gadis renova a alianza con Equiocio Ferrol e patrocinará a súa programación de lecer infantil

Gadis referenda o seu compromiso con Equiocio Ferrol 2023. A firma volverá ser un dos principais patrocinadores do certame hípico e de lecer familiar, que se celebra en Covas do 3 ao 6 de agosto, achegando ademais o groso da programación destinada ao público infantil. Unha oferta que apostará por fomentar a diversión dos máis …

Activadas as inscricións nas probas do Concurso de Saltos Territorial Equiocio Ferrol 2023

Equiocio Ferrol vén de abrir o prazo de inscricións do Concurso de Saltos Territorial, que se disputará no campo das Cabazas en paralelo ao “CSN*** Cidade de Ferrol”, entre o 4 e o 6 de agosto. Contémplanse como probas complementarias sobre alturas de 0,80 metros, 1 metro e 1,10 metros. Apuntan dende a organización que …

Equiocio e Patronato Concepción Arenal únense para mellorar as posibilidades de inserción laboral de inmigrantes en risco de exclusión

Equiocio Ferrol e Patronato Concepción Arenal volven traballar conxuntamente para mellorar as posibilidades de inserción laboral de persoas inmigrantes en risco de exclusión social e, ao tempo, afondar na liña sostible que segue o certame hípico e de lecer familiar, que se celebra en Covas do 3 ao 6 de agosto. Ambas entidades promoven o …

O artista Eduardo Hermida firma o cartel oficial de Equiocio Ferrol 2023

Equiocio Ferrol 2023 estrea cartel oficial. O certame hípico e de lecer familiar conta este ano cunha colaboración especial, a do artista ferrolán Eduardo Hermida. A alma máter das Meninas de Canido dá deste xeito un impulso á aposta por tecer lazos entre estas dúas citas imprescindibles no verán galego. O coñecido pintor, escultor e …

Equiocio abre inscricións no Concurso  Nacional de Saltos -CSN***- Cidade de Ferrol

A través da web da Federación Hípica Española,  Equiocio vén de abrir o prazo de inscricións no Concurso Nacional de Saltos (CSN***)  Cidade de Ferrol que, como ocorrera o pasado ano, será a única proba desta  categoría programada no calendario de competición de Galicia en 2023.  Celebrarase do 4 ao 6 de agosto no Campo …

Álvaro Gil proclámase vencedor do Gran Premio Cidade de Ferrol

O xinete madrileño Álvaro Gil, montando a Ulyss van Pottelberg, adxudicouse o Gran Premio Cidade de Ferrol ao ser o único dos participantes que terminou o esixente percorrido sen derribas e sen penalización por exceso de tempo, co que inscribiu o seu nome no de grupo de vencedores na proba principal de Equiocio. O alcalde …

González Fraga gañou as dúas grandes probas da primeira xornada de competición

Javier González Fraga foi o gran protagonista da primeira xornada de Equiocio, xa que se impuxo nas dúas probas grandes. Primeiro fíxoo no Trofeo Dirección Xeral de Gandaría e Agricultura, sobre unha altura de 1.30, montando a Cholita JGF, e pechou o día impoñéndose na proba grande, sobre 1.35 metros, Trofeo Reganosa, a lombos de …

Equiocio reivindica o seu papel como dinamizador do turismo e como “marca Ferrolterra”

Equiocio reivindícase como o gran escaparate de Ferrolterra. O certame ecuestre e de lecer familiar, que hoxe se inauguraba oficialmente, presentábase esta mañá como incuestionable referencia hípica e como espazo aglutinador onde descubrir o moito e bo que oferta o Xeodestino e Galicia, coa paisaxe, os deportes en plena natureza e a gastronomía como algunhas …