O xinete portugués Hugo Carvalho proclámase vencedor do Gran Premio Cidade de Ferrol

O xinete luso Hugo Carvalho, a lombos de “Nobel Style N”, coróase como campión do Gran Premio Cidade de Ferrol, a proba estrela do Concurso Nacional de Saltos tres estrelas que organiza Equiocio Ferrol. A proba, sobre unha altura de 1,40 m, resolveuse este mediodía sen necesidade de recorrer ao desempate. A voceira do goberno …

Vitoria para Hugo Carvalho na primeira proba grande de Equiocio Ferrol 2025

O portugués Hugo Carvalho, dúas veces gañador en Equiocio Ferrol, vencía, a lombos de “Nau N”, na primeira das probas grandes do Concurso Nacional de Salto*** Cidade de Ferrol. Disputábase ao mediodía a un baremo de dúas fases especiais e a unha altura de 1,35 metros. O xinete luso, un dos grandes favoritos da edición, …

Equiocio Ferrol reivindica a súa singularidade como evento que transcende o plano deportivo

Inaugurado oficialmente Equiocio Ferrol 2025. O certame hípico e de lecer familiar acollía esta tarde o acto que marca o inicio formal da celebración, que se desenvolve ata o domingo 3 de agosto en Covas. Un evento arraigado que, como sinalaba a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, ademais de ser unha cita deportiva …

Equiocio colle ton de cara ao CSN*** Cidade de Ferrol

Comeza o espectáculo en Equiocio Ferrol. As primeiras probas do Concurso Territorial de Salto (CST) convértense nesta primeira xornada de competición -inédita ata a presente edición- no anticipo do que está por chegar. A partir deste venres, arranca en Covas a 34 edición do Concurso Nacional de Salto *** Cidade de Ferrol, que marca a …

As noites de concertos regresarán a Equiocio Ferrol con Edu Calvario e Malditos Pendejos

A oferta de lecer de Equiocio Ferrol, que se celebra do 31 de xullo ao 3 de agosto, incorpora, un ano máis, concertos nos seus días fortes. A organización aposta por estirar a actividade no Campo das Cabazas ata preto da media noite da man de bandas galegas. O cantante Edu Calvario e os xa …

Equiocio Ferrol volve con catro días de competición hípica e máis de 260 saídas diarias a pista

Conta atrás en marcha para o arranque de Equiocio Ferrol. A programación da 34 edición do certame ecuestre e de lecer, que hoxe se daba a coñecer oficialmente, vén cargada de novidades –a fundamental é que haberá un cuarto día de competición hípica- e cun compromiso reforzado por servir de escaparate a Ferrol e a …