Representantes das entidades de Equiocio Social participan nunha sesión de sonoterapia

Traballadores e directivas dalgunhas das entidades que integran Equiocio Social tomaron parte esta semana nunha sesión de sonoterapia impartida por Ana Pérez Lago. A directora de Equiocio amosou nesta actividade a súa faceta profesional como sonoterapeuta, a súa auténtica vocación, na que se iniciaba hai anos da man de Jacomina Kistemaker, investigadora, terapeuta e profesora de sonido con cuncas tibetanas, gongs tam-tam e feng, monocorde e voz. Unha actividade que Pérez Lago exerce no Espacio Návitas, e que esta semana trasladaba á sede da asociación ASCM. Alí, guiaba unha das súas sesións de sonoterapia, na que participaron integrantes de Aspaneps, Affinor, ASCM, Aspanaes, Basketmi, Patronato Concepción Arenal e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal.

Unha terapia baseada no traballo con sonidos e vibracións na que se recibe unha masaxe a nivel celular e enerxética que axuda a liberar bloqueos físicos e emocionais. Así, a través neste caso de cuncas tibetanas, prodúcense tons armónicos e vibracións que trasladan corpo e mente a un espazo de calma mental, provocando que as células vibren nunha sintonía de equilibrio, reducindo así o estrés e as tensión cotiás.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *