Equiocio Mar e Terra e Patronato Concepción Arenal volven darse a man co obxectivo de mellorar as posibilidades de inserción laboral de persoas inmigrantes en risco de exclusión social e, ao mesmo tempo,
profundizar na liña sostible que segue o certame hípico.
Así, a directora de Equiocio, Ana Pérez Lago, e a presidenta da asociación, Beatriz Dorrio, asinaban un convenio de colaboración para desenvolver un curso de deseño de ecotrofeos no que tomarán parte unhas 20 persoas -delas, o 70% de procedencia estranxeira-.
Del sairán os máis de 130 trofeos que se entregarán no certame hípico entre o 5 e o 7 de agosto. Construiranse a base de vellos palets que, deste xeito, gozarán dunha segunda vida, fomentando así a reciclaxe. Ademais, a través deste taller de carpintería artística, os usuarios e usuarias da entidade formaranse en tarefas de tratamento e reciclaxe de madeira e restauración de mobles antigos.
Equiocio 2022 conta co respaldo, entre os seus principais patrocinadores, do Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia, Gadis e Estrella Galicia.