Equiocio Ferrol arranca este xoves cunha tarde chea de propostas para o lecer en familia

Conta atrás para o inicio de Equiocio Ferrol 2024, que se celebra en Covas do 1 ao 4 de agosto. A programación deste xoves, xornada previa ao arranque das competicións hípicas, estará, un ano máis, destinada ao lecer en familia, coa ruta cicloturística de btt ao atardecer, e o festival de mascotas como principais bazas. …

A Xunta habilita catro servizos directos de autobús para facilitar os desprazamentos a Equiocio Ferrol

A Xunta porá en marcha unha liña directa de autobús con catro servizos especiais para facilitar os desprazamentos dende o centro de Ferrol ata Equiocio co obxectivo de garantir así unha accesibilidade óptima ao Campo das Cabazas e fomentar o uso de transporte público. En detalle, os novos servizos serán dous de ida e dous …

Preto de 300 xinetes e amazonas compiten nos diferentes concursos de salto de Equiocio Ferrol

Todo a punto en Covas para a celebración de Equiocio Ferrol. A organización presentaba esta mañá a 33 edición do certame de hípica e lecer familiar, que se celebra do 1 ao 4 de agosto no Campo das Cabazas. Máis de 280 xinetes e amazonas de España e Portugal mediranse nos diferentes concursos de salto, …

“Mar de fóra” chega este mércores a Covas con obradoiros e xogos infantís sobre o medio mariño

Equiocio Ferrol e a Consellería do Mar organizan este mércores en Covas a iniciativa “Mar de fóra”. Trátase dunha xornada de convivencia e actividades ao redor do mundo do mar, cunha morea de obradoiros, xogos ao aire libre e breves charlas. Unha oferta gratuíta de lecer e aprendizaxe activo, dirixida ao público infantil e familiar. …

Preto dunha trintena de persoas tomaron parte nos bautismos de paddle surf organizados por Equiocio Ferrol

Preto dunha trintena de persoas tomaron parte, nos últimos días, nos bautismos de paddle surf gratuítos organizados por Equiocio Ferrol no marco do calendario previo ao certame, que se celebrará do 1 ao 4 de agosto en Covas. Segundo explicaba esta mañá o director deportivo de Equiocio Ferrol, Federico Pérez Lago, a organización volve apostar …

“GALICIA SABE AMAR” levará os mellores sabores dos produtos do noso mar a Equiocio Ferrol con dez catas

A gastronomía volverá ser capital na oferta complementaria de Equiocio Ferrol. O certame hípico e de lecer familiar volverá contar, a través das degustacións gratuítas da campaña GALICIA SABE AMAR con profesionais do sector para pór en valor a calidade e variedade dos produtos do mar galegos. Dada a boa acollida da iniciativa, a Consellería …

Concertos de Malditos pendejos, Quentada e Deus para animar as noites de Equiocio Ferrol

A oferta de lecer de Equiocio Ferrol, que se celebra do 1 ao 4 de agosto, incorpora, un ano máis, concertos nos seus días fortes. A organización aposta por estirar a actividade no Campo das Cabazas ata preto da media noite dando protagonismo a bandas locais. O rock de Malditos pendejos quecerá a noite do …

Equiocio Ferrol abre inscricións na «Ruta BTT ao atardecer» por Covas e Esmelle

Equiocio Ferrol e o Club BTT Valle de Esmelle volven unir forzas e organizarán, un ano máis, a tradicional ruta BTT ao atardecer polas parroquias de Covas e Esmelle. Unha marcha cicloturística pensada para a familia, con dificultade baixa e un percorrido circular duns 15 kms pola contorna máis inmediata do Campo das Cabazas, escenario …

Gadis convidará a nenos e a maiores a iniciar o seu propio horto en Equiocio Ferrol

Da man de Gadis, nenos e maiores poderán iniciarse no mundo da agricultura creando o seu propio horto en Equiocio Ferrol. A firma patrocinará este ano unha ampla programación de talleres medio ambientais nos que os novos e non tan novos aprenderán técnicas de cultivo e familiarizaranse con conceptos como sustibilidade e alimentación saudable. Así …