Equiocio Ferrol 2023 abre a inscrición para o concurso nacional de ponis

A canteira da hípica española volverá ser protagonista en Equiocio Ferrol 2023. O certame hípico abre dende hoxe o prazo de inscrición para o Concurso Nacional de Ponis, que se disputará en As Cabazas en paralelo ao “Concurso Nacional de Saltos*** Cidade de Ferrol”. A competición das amazonas e xinetes máis novos gana cada ano en presenza e en calidade.

Ata o 25 de xullo estará aberto o período para anotarse na competición de saltos para ponis, valedoira para a Copa de Campeones, a través da páxina web da Real Federación de Hípica Española. Segundo o avance do programa, o concurso, que se disputará entre o 4 e o 6 de agosto, constará de 21 probas oficiais repartidas en sete categorías, sobre alturas que irán dos 0,50 aos 1,15 metros.

En función da categoría, poderán participar xinetes e amazonas de entre 6 e 16 anos, establecéndose ademais un máximo de tres cabalos por deportista. O ano pasado participaron no concurso de ponis un total de 39 mozos e mozas. 

O CNSP1 é a última das competicións hípicas que acolle Equiocio Ferrol en abrir inscricións. Ata o día 25 deste mes, e tamén a través da web da Real Federación Hípica Española, é posible ademais inscribirse no Concurso Nacional de Saltos Cidade de Ferrol. E o 24 de xullo vence o prazo para apuntarse nos Concursos Territoriais de Saltos (a través do correo secretaria@equiocio.es).

Equiocio Ferrol 2023 terá como patrocinadores principais coa Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, Estrella Galicia e Gadis, e contará ademais co apoio de Fundación Deporte Galego, a Federación Hípica Gallega, J Rilo e Comunidade de montes veciñais en man común de Covas e Esmelle.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *