Equiocio aposta pola promoción do turismo vencellado ao deporte en Ferrolterra

Equiocio Ferrol converteuse un ano máis en escaparate do Xeodestino Ferrolterra- Rías Altas. O certame hípico e de lecer sumou aos tradicionais stands de promoción turística, actividades deportivas en plena natureza como o surf. O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Diego Calvo, entregaba precisamente este mediodía os Trofeos Deporte Galego e Turismo de Galicia.

O evento, que se desenvolve ata este domingo no Campo das Cabazas, contou desta volta con puntos de información da Mancomunidade de Concellos de Ferrol, de parte dos municipios da comarca polos que discorre o Camiño Inglés (concellos de Ferrol, Narón, Neda e Fene), ademais de das localidades de Valdoviño e de Ares.

En paralelo, no comezo desta edición desenvolvéronse actividades vencelladas á btt, e bautismos de surf en distintas praias da contorna como a da Cristina, en Valdoviño, ou a do Vilar, en Ferrol, no marco dunha campaña para a promoción da Costa das Ondas entre o público máis novo e entre os ao redor de 250 xinetes e amazonas chegados de distintos puntos de España e máis de Portugal.

Deporte e Turismo foron precisamente ás areas relacionadas con trofeos entregados polo Vicepresidente primeiro, Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo. O mandatario procedía ao mediodía á entrega do Trofeo Deporte Galego e Turismo, sobre una altura de 0,80 m y 1,10 metros (Concurso Nacional de Salto 3* y concurso territorial). Durante a mañá entregábase tamén o Trofeo Deputación da Coruña, que entregaba a deputada de Industria, empresa, emprego e medio Ambiente, Rosana García.

Programación domingo

Equiocio Ferrol vivirá este domingo a súa última xornada, na que a proba hípica máis importante do certame, o Gran Premio Cidade de Ferrol. A programación de lecer incluirá mañá, entre outras propostas, exhibicións de baloncesto en cadeira de rodas, talleres de horta e xogos tradicionais, o obradoiro de coidados de mascotas, a última degustación gratuíta de “Galicia sabe a mar” , ás 13.30 horas, con elaboracións de mexillón, ou o Ecomarket.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *