Entidades sociosanitarias de Ferrolterra protagonizan unha nova plantación no Campo das Cabazas

Equiocio Ferrol continúa co seu calendario de actividades previo ao certame, e este venres pola mañá levaba a cabo unha acción medioambiental na contorna do Campo das Cabazas, en Covas. Seguindo a estela dos anos anteriores, entidades do ámbito sociosanitario das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal protagonizaron unha plantación de lonicera ligustrina e allysum …

Equiocio Ferrol e Patronato Concepción Arenal volven aliarse a favor da inserción sociolaboral de persoas migrantes 

Equiocio Ferrol e Patronato Concepción Arenal alíanse de novo a favor da inserción sociolaboral de persoas migrantes en risco de exclusión social, e esta mañá asinaban un novo convenio de colaboración de cara ao certame 2025, que se desenvolverá do 31 de xullo ao 3 de agosto en Covas. A directora do evento, Ana Pérez …

Equiocio Ferrol volverá contar cos servizos de intérprete de lingua de signos grazas ao convenio con AXF

Equiocio Ferrol e a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra-AXF renovan o seu convenio de colaboración, e un ano máis, o certame contará con intérpretes de lingua de signos nas diferentes actividades. A presidenta da entidade, Teresa Gallo, e a directora do certame, Ana Pérez Lago, avanzaban hoxe o acordo, coincidindo co Día Nacional das …

Volve “En ruta con Equiocio Ferrol” con tres itinerarios de sendeirismo por Covas

Equiocio Ferrol, que volverá ao Campo das Cabazas do 31 de xullo ao 3 de agosto, recupera nas vindeiras semanas unha das propostas con máis éxito da súa programación previa. O programa de sendeirismo “En ruta con Equiocio Ferrol” incluirá este ano tres itinerarios guiados gratuítos, destinados a poñer en valor o patrimonio natural e …

Equiocio Ferrol regresa do 31 de xullo ao 3 de agosto cun calendario de competición ampliado

Ferrol volverá converterse en epicentro da hípica nacional coa celebración dunha nova edición de Equiocio, a XXXIV xa. E esta mañá, a directora do certame, Ana Pérez Lago, adiantaba as datas para este 2025. Equiocio Ferrol regresará ao Campo das Cabazas, en Covas, do xoves 31 de xullo ao domingo 3 de agosto. E farao, …

Javier González Fraga coróase como triunfador do Gran Premio Cidade de Ferrol

Javier González Fraga leva o Gran Premio Cidade de Ferrol 2024. O xinete galego, que onte gañaba o Pequeno Gran Premio de Equiocio, anotábase hoxe o triunfo a lombos de “Sonic JGF” na proba reina máis emocionante dos últimos anos. O alcalde accidental da cidade naval, Javier Díaz, facía entrega do premio. O gran triunfador …

Javier González Fraga anótase a vitoria no Pequeno Gran Premio de Gadis

 Segunda xornada de competición hípica en Equiocio Ferrol 2024, na que, como cada ano, todas as miradas estaban centradas no Pequeno Gran Premio de Gadis, proba pertencente ao Concurso Nacional de Salto ***. A vitoria na proba, sobre unha altura de 1,30 metros, foi para o galego Javier González Fraga. O conselleiro e delegado de …

Vitoria para o luso Ivo Carvalho na primeira proba grande de Equiocio Ferrol 2024

Primeira xornada de competición hípica en Equiocio Ferrol 2024. O portugués Ivo Carvalho impúxose na proba grande, sobre unha altura de 1,35 m. Fíxoo a lombos de “Gaiato C”, cabalo co que se proclamou vencedor do Gran Premio Cidade de Ferrol o pasado ano. O xinete luso anotouse ademais a vitoria en 1,30 metros, esta …